Primeiros prototipos de paracaídas #unhagaleganalua
- Tecno Moas
- 28 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 10 feb 2020
Comezamos cunha das partes máis importantes do noso proxecto, a aterraxe.

Sara e Natalia comezaron a semana pasada a preparación dos patróns do paracaídas, e tras unha semana de arduo traballo e medicións trouxeron ó Maker Space os primeiros froitos do seu traballo. Temos moito camiño por diante pero xa demos o primeiro paso na cuestión paracaidística.
Tamén lles puxemos os cordóns e os atamos a unhas botellas cheas de auga para imitar o peso do satélite, pronto faremos as primeiras probas de aterraxe, seguídenos de cerca nas redes e no blog para enterarvos das últimas novas!! Ata a próxima entrada.
Comments