Probas de radio. #unhagaleganalúa
- Tecno Moas
- 28 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Primeiras probas de radio, aínda que non saíron moi ben seguimos a intentalo con afán.
O outro día comezamos a facer as primeiras conexións entre as nosas dúas arduino. Como non nos manexabamos todo o ben que precisabamos tivemos que pedir un pouco de axuda á nosa profe Conchi, quen nos introduciu na linguaxe que usan as placas arduino.
Enriba tedes dúas imaxes da conexión entre as dúas placas, despois de configurar e investigar sobre as placas conseguimos facer un código co que fomos capaces de conectar as dúas placas, e de facer que se mandaran mensaxes, aínda que non moi longas. Pero por alguhna parte había que comezar!
A cousa xa non ía tan ben cando nos alonxabamos, chegados á distancia de 40-50m a conexión fallaba e deixabamos de recibir respostas ás nosas mensaxes. Pero non nos demos por vencidos! e estamos seguros de que nas próximas probas todo ha de ir ben. Deica logo amigos, e seguide conectados para as útimas novas sobre o noso proxecto!
Comments