Comezamos coa montaxe das placas Adafruit. #unhagaleganalua
- Tecno Moas
- 28 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 25 feb 2020
Onte soldamos as nosas Adafruit feather M0 ós pines, e acoplamos as antenas de radio, son sinxelas pero prometen ser eficientes.
Soldar non é tarefa sinxela e menos nestas placas tan pequenas, debido ó pequeno tamaño dos buratos e dos pines tivemos que axudarnos dunha ferramenta chamada terceiro brazo.
“Cremos que aprender a soldar pode resultarnos moi útil na nosa vida en xeral” Comentan os alumnos
O fío verde que vedes na imaxe é a nosa antena de radio, esta serviranos para establecer contacto co Casat cando estea no ceo. Aínda que de momento só está en estado de probas así que estade atentos ás próximas entradas para enterarvos de como saíron as nosas probas de radio polo instituto.
Deica logo amigos!
Opmerkingen